Laura Moure/Vila de Cruces
Vila de Cruces albergou este venres un acto público do BNG para abordar o impacto dos parques eólicos no municipio. Acudiu a diputada no Parlamento Montse Prado e interviu tamén o voceiro local, Álex Fiuza. "Sumáronse ao acto entorno ás 50 persoas, que grazas ao protocolo anticovid, puideron coñecer de xeito seguro cal é a postura do BNG ante o espolio e a depredación que sofre o país enteiro, ante a propagación dos proxectos de megaparques eólicos", indica o partido nacionalista. O acto foi retransmitido en directo nas redes acadando ata o de agora 714 reproduccións. As persoas asistentes puideron preguntar dúbidas ao finalizar, polo que se tratou dun acto participativo coa veciñanza.
Advertiuse da importancia dos acuíferos. "A instalación deste muíños rematará con estas minas de auga perxudicando a vida nas casas pero tamén vetará a posibilidade de crear nas nosas terras iniciativas de emprego no sector agrogandeiro e agroalimentario, tanto en liña convencional como en liña ecolóxica. Polo tanto, non só nos están querendo roubar terra, senón que tamén están a eliminar de raíz posibilidade de futuro para o noso concello. Ésta é a herdanza que deixou o PP en Vila de Cruces", recalca.
Tanto a nosa deputada como o noso voceiro local, indiciron en que o BNG aposta por "un modelo enerxético galego, xusto, sustentábel e participativo xa que o modelo actual, promovido polo PP, espolia os nosos recursos para beneficio das grandes empresas. Coa escusa do fomento da economía verde e das enerxías renovábeis o PP está a favorecer os intereses de grandes empresas e fondos de investimento. Para a veciñanza afectada os ingresos da enerxía eólica baixo o modelo do PP é un fraude. Na actualidade, as persoas propietarias das terras apenas reciben entre o 1,1% e o 2,4% da facturación dos parques. Sumando os ingresos dos concellos por distintos tributos o que fica no territorio apenas sería un 5%".
Ademais, explicaron que o BNG considera que "Galiza debe decidir sobre a enerxía que produce xa que no 2020 fomos a segunda comunidade do Estado que máis enerxía eólica produciu. Non se obtén un retorno xusto que compense o impacto social e ambiental, porque a pesar de que se pretenda combater a emerxencia climática e reconducirse cara a un modelo sustentábel, as enerxías renovables non son en si mesmas inocuas e teñen importantes efectos no territorio. Territorio como o do noso concello pasaría a estar tremendamente afectado".
Sinalan o acto foi un éxito de participación "e esperamos ter feita unha boa labor de información con este acto, que permita que máis persoas se sumen á loita contra os parques eólicos. Polo que a nós respecta, imos seguir ao pé da loita", recalca.
Asistentes ao acto público do BNG este venres en Vila de Cruces.
Comments