top of page

Vila de Cruces acollerá a Xornada Norte da Liga de Loitas Olímpicas o sábado 13 de abril

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Participarán 7 clubes e máis de 180 nenos e nenas


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O pavillón municipal de Vila de Cruces acollerá a Xornada Norte da Liga de Loitas Olímpicas, o vindeiro sábado 13 de abril en xornada de mañá. Trátase dunha xornada clasificatoria de cara á Xornada Final da Liga Galega de Loitas Olímpicas.

Os tres primeiros clasificarán polos primeiros postos na xornada final xunto cos 3 primeiros da Xornada Sur. A competición comezará ás 10:30 horas e nela participarán 7 clubes e máis de 180 nenos e nenas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os clubes participantes son:

1. Club de Loita Keltoi Cruces de Vila de Cruces.

2. Club de Loita Atila de Ourense.

3. Escuela Ayude de deportes de combate de Melide.

4. Club de Loita Lugo.

5. Club de Loita Vilalba.

6. Club de Loita Graiño de A Coruña.

7. Equipo Federación Lucha Asturias (invitado).


Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page