Participan máis de 70 rapaces que veñen dende todas as comunidades autónomas
Laura Moure/Vila de Cruces
Dende o 17 ao 21 de xullo a parroquia cruceña de Merza acolle a XVII edición do curso de
percusión “Merza Percusión”, organizado por Odaiko Krea e coa dirección artística de
Irene Rodríguez, Vicent Zaragoza, Fran Troncoso e Noè Rodrigo.

Nestes días reúnense en Merza máis de 70 rapaces e rapazas que veñen dende todas as
comunidades autónomas do país para coñecer e aprender das profesoras e profesores
que forman o equipo do curso. Traballarán todas as disciplinas da percusión, dende a
música africana, electrónica e improvisación, expresión corporal e ensemble clásico no
Merza Percusión, ata a percusión orquestral e solista na modalidade “Avanzado”. Tamén
disfrutarán de talleres, clases maxistrais e outras actividades no tempo libre.
De forma paralela ao curso celébrase o Festival Internacional de Percusión FIP 2022, que
reúne a artistas de toda a xeografía española. O Festival foi inaugurado polo grupo
Odaiko o domingo 17 pola noite e o este luns puido desfrutarse do espectáculo “Lidia India e Latexo”. O Festival continuou este martes 19 co concerto do “Merza Percusión Ensemble” ás 22:00 horas. O mércores 20 á mesma hora será o concerto de Dani Domínguez e o Festival pechará o xoves 21 ás 19:00 horas co concerto final do alumnado. Todos os concertos son abertos ao público e levaranse a cabo no escenario do FIP 2022.
Comentarios