top of page

Vila de Cruces abre a nova pista de pádel

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O goberno local pretende cambiar as bases que estaban aprobadas polo PP


Laura Moure/Vila de Cruces

O tenente de alcalde de Vila de Cruces, Julio López, anuncia a apertura da nova pista de pádel que dende agora "todos os veciños e veciñas poderán gozar". Estas instalacións levan varios meses rematadas, pero por causa da pandemia o goberno decidiu pospoñer a súa apertura, pero nestes momentos comprobando que os casos de Covid están practicamente erradicados neste concello, e que as administracións públicas permiten certas actividades deportivas, decidiuse a apertura da pista de pádel dende mañá xoves.

A nova pista de pádel de Vila de Cruces.


Para regular esta apertura o grupo de goberno ten que utilizar as antigas bases que estaban aprobadas polo PP. "Aínda que non sexan as máis adecuadas, xa que teremos que levar a pleno canto antes cambios substanciais das mesmas. Está claro que non é de recibo ter que cobrar cantidades que non son múltiplos de cinco, xa que estas bases obrígannos a cobrar por 1:30 minutos de pista 3,38 euros o que supón un encordio", sinala. "Outro dos cambios é o que estipula unha tarifa nocturna a partir da 19:00 horas, cando todo o mundo sabe que no verán é de día ata as 23:00 horas. É nefasto ter rematado unhas instalacións e non poder gozar delas. Cando sexa posible propoñeranse no pleno os cambios coas melloras pertinentes e adaptadas o século XXI", sinala López.


O concelleiro pide á cidadanía responsabilidade con todo o público e que se coide "un Patrimonio que é de todos e para todos" e anima a todos aqueles que queiran montar un Club de Pádel a que se poñan en contacto con el para ver como lles pode axudar desde a súa concellería. Os interesados poden consultar as bases expostas no Facebook do Concello ou ben pasándose polo ximnasio.


Quendas

Inicialmente abrirase en horario de tarde de luns a venres nas seguintes quendas:

  • De 17:00 a 18:30 horas.

  • De 18:30 a 20:00 horas.

  • De 20:00 a 21:30 horas.

E os sábados e domingos nas seguintes:

  • De 10:30 a 12:00 horas.

  • De 12:00 a 13:30 horas.

  • De 17:00 a 18:30 horas.

  • De 18:30 a 20:00 horas.

  • De 20:00 a 21:30 horas.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page