Vicco, Nil Moliner, Rozalén e Bertín Osborne actuarán na Gala do Cocido de Lalín
- Laura Moure
- 19 ene 2024
- 1 Min. de lectura
As entradas entregaranse o martes día 30
Laura Moure/Lalín

Vicco, Nil Moliner e Rozalén, tres artistas de amplo renome e atractivo nacional, abren o cartel da Gala do Cocido do próximo 2 de febreiro, que será retransmitida en directo pola TVG desde o Lalín Arena, presentada por Gayoso e Esther Estévez.
Publicidade
Na Gala tamén actuarán: o veterano cantante Bertín Osborne que acaba de estrear novo disco e que estará acompañado dun grupo de mariachis; dúas das mellores orquestras galegas: Panorama e Cinema e Pachi, o grupo de danza Scene Ballet, o grupo SusiQ e os Trasnos de Doade, por parte da representación lalinense.
Publicidade
"Tratamos que foran artistas actualidade a nivel nacional que atraian a un público novo, e ao mesmo tempo que estiveran representados os diversos xéneros musicais para abranguer os gustos de todos os públicos", sinala o alcalde do municipio, Xosé Crespo.
Publicidade
As entradas para a gala entregaranse o martes día 30, a partir das 17:00 horas, na recepción do Concello e ata esgotar as entradas, cun máximo de dúas entradas por persoa.
Comments