Ver que o teu ser querido nin te recoñece é algo que racha o corazón
- Laura Moure
- 21 sept 2023
- 2 Min. de lectura
Hoxe, como cada 21 de setembro, celébrase o Día Mundial del Alzheimer
Laura Moure/Xeral
Cando escoitamos a palabra alzheimer encóllesenos o corazón. Porque por desgraza todos temos un pai, unha nai, unha tía, un avó, un veciño... que padece esta triste enfermidade. Por suposto, ningunha enfermidade é boa, pero ver que o teu ser querido nin te recoñece, é algo que che racha o corazón. Hoxe, como cada 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer, evento instituido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciado por Alzheimer's Disease Internacional (ADI) en 1994.

A enfermidade de Alzheimer é un trastorno do cerebro que empeora co tempo. Caracterízase por cambios no cerebro que derivan en depósitos de certas proteínas e fai que o cerebro se encolla e que as neuronas cerebrais, a longo prazo, morran. Morran elas e morra practicamente esa persoa, porque perde o seu ser, a súa esencia, xa non ten capacidade para comunicarse e quen sabe ata que punto pode sentir algo ou non. Pero o que si sabemos é a fustración e a dor que sufren os seus familiares por descoñecer o que realmente lle está pasando; se teñen frío ou calor; ganas de beber ou de comer ou se simplemente precisan dun abrazo.
Publicidade
As persoas con enfermidade de Alzheimer poderían pasar polas seguintes situacións:
Repetir afirmacións e preguntas unha e outra vez.
Esquecer conversacións, citas médicas ou eventos.
Extraviar artigos e, a miúdo, poñelos en lugares nos que non ten sentido facelo.
Perderse en lugares que adoitaban coñecer ben.
Co tempo, esquecer os nomes de familiares e de obxectos de uso cotián.
Ter problemas para atopar o nome adecuado de obxectos, para expresar pensamentos ou para participar en conversacións.
Publicidade
Por iso, días como hoxe, adicados ás patololoxías, son moi importantes para revindicar máis investigación, porque por desgraza, non hai ningún tratamento que cure a enfermidade de Alzheimer. Eles non poden demandalo, pero nós si, e debemos facelo para que esta enfermidade sexa máis levadeira e para intentar atoparlle cura.
댓글