top of page

Venezolanos del Deza organiza un taller gratuíto sobre a nova normativa de estranxería

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Terá lugar o 30 de setembro en Lalín e estará impartido polo avogado Wladimir Rodríguez Aguirre


Laura Moure/Lalín

A Asociación Venezolanos del Deza organiza un taller gratuíto sobre a nova normativa de estranxería. Terá lugar o próximo 30 de setembro ás cinco da tarde na sede da Biblioteca Municipal de Lalín. No taller abordaranse os principais cambios e reformas introducidas no novo Regulamento de Estranxeiría, aprobada polo Goberno español o pasado 16 de agosto, así como os cambios nos permisos a día de hoxe, mercado laboral das persoas migrantes, dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.

Estará impartido por Wladimir Rodríguez Aguirre, avogado experto e especialista en materia de Inmigración, Estranxeiría e Nacionalidade Española, que dará toda a información e asesoría necesaria, resolverá dúbidas e inconvenientes legais de índole migratorio sobre os cambios realizados no Regulamento de Estranxeiría, totalmente gratis a todos os asistentes.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Se queres facer algún trámite de Estranxeiría, presentar a Solicitude de Nacionalidade Española, Residencia legal en España, Homologacións e equivalencias de títulos académicos, Xestión inmobiliaria, solicitudes de nacionalidade, reagrupamento familiar, asilo político, arraigamento laboral e estar ao tanto das últimas novidades e cambios propostos na nova Lei, animámosvos a que asistan. Para participar só teñen que enviar unha mensaxe por WhatsApp ao 643 500 625 cos seus datos. E hai aforo limitado", indica a asociación.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page