Venezolanos del Deza convoca para hoxe unha misa en Lalín en memoria das vítimas do terremoto
- Laura Moure

- 5 jul
- 1 min de lectura
Laura Moure/Lalín
A Asociación Venezolanos del Deza (VeneDeza), membro de FEVEGA, invita á comunidade da comarca de Deza a participar na Santa Misa “Oremos por Venezuela”, que se celebrará este domingo 5 de xullo ás 20:00 horas na Igrexa de Lalín. Esta celebración relixiosa constitúe un xesto de solidariedade e proximidade co pobo venezolano tras o terremoto que afectou ao país.

Durante a eucaristía elevaranse oracións polas vítimas, as súas familias, as persoas feridas, quen perdeu os seus fogares e todos aqueles que sofren as consecuencias desta traxedia.
PUBLICIDADE
Desde VeneDeza faise un chamamento á comunidade venezolana residente en Galicia, á comunidade galega e á cidadanía en xeral para unirse a este momento de oración, esperanza e fraternidade. A asociación subliña que, en contextos de dificultade, a solidariedade e o acompañamento espiritual representan unha forma esencial de apoio a quen atravesa situacións de dor e incerteza.
PUBLICIDADE
A entidade confía en que esta celebración convértase tamén nun espazo de encontro entre pobos unidos por sólidos lazos de amizade, acollida e cooperación, reafirmando o compromiso da comunidade venezolana cos valores da paz, a fe e a axuda mutua.
PUBLICIDADE
VeneDeza agradece a colaboración da parroquia de Lalín e a asistencia de todas as persoas que desexen acompañar este acto de oración e solidariedade co pobo venezolano.









Comentarios