Velocidade, beleza e tradición nas actividades que reunirán á élite canina na feira Semana Verde 2026
- Laura Moure

- 25 may
- 2 min de lectura
A cita será 4 ao 7 de xuño en Silleda
Laura Moure/Silleda
A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia en Silleda, que celebrará a súa 48ª edición do 4 ao 7 de xuño, contará de novo no seu programa cun gran número de actividades caninas, as cales reunirán a centenares de cans de infinidade de razas.

Así, no ring do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA non faltará o agility, de man da Federación Galega de Caza de Pontevedra e ThunderDogs, con actividades para grupos escolares os dous primeiros días da feira, exhibicións para público xeneral durante a fin de semana e tamén probas oficiais da liga Autonómica e a Copa Abanca Semana Verde de Galicia o sábado e domingo.
PUBLICIDADE
Ademais, a Federación Galega de Caza de Pontevedra, neste caso con Solognac, organizará o domingo unha gran mostra de cans de caza que contará con máis de
300 exemplares das mellores razas caninas de Europa e Estados Unidos. Ademais, realizarase un desfile das diversas razas participantes.
Por outra banda, a Sociedade Canina Galega, volverá levar a beleza canina á feira. Así, multitude de cans das razas máis diversas competirán por alzarse co Best In Show no XIX Concurso Nacional Canino Feira Internacional ABANCA Semana Verde De Galicia. E unha vez máis a Unidade Cinológica do Terzo Norte de Infantería de Marina realizará unha demostración que incluirá diversos exercicios e simulacións para que o público poida ver o seu traballo.
PUBLICIDADE
Monográficos
Nesta edición celebraranse tres concursos monográficos distintos, organizados polos seus respectivos clubs. Un deles centrarase no Grifón Nivernés, un segundo terá como protagonistas ás razas Beagle, Beagle-Harrier e Harrier e un terceiro centrarase no Can de Palleiro.
Respecto a esta última raza, autóctona de Galicia, celebrará o seu xa 37º monográfico, aínda que tamén contará con outras moitas propostas. Así, realizará actividades para nenos e familias, como xogos tradicionais e talleres de debuxo infantil; e celebrará un acto no que se entregará o seu “Palleiro de Honra”, recoñecementos a socios veteranos do Club Can de Palleiro e os galardóns do seu concurso de fotografía.








Comentarios