top of page

Vehículos desamparados nas rúas de Melide

Un veciño desta localidade alerta da presenza de coches "abandonados" nesta vila


Ecos da Comarca/Melide

O pasado mes de outubro falamos en ECOS DA COMARCA da presenza dun coche abandonado na Avenida de Toques e Friol en Melide. A raíz desta nova foron varios os comentarios nas redes sociais alertando de que este non era un caso único nesta localidade e agora un seguidor quere denunciar publicamente que hai máis vehículos nesta situación para que as autoridades pertinentes tomen medidas canto antes.


"Un deles está na rúa Emilio Pardo Bazán (na calle dos pubs) e outro, na estrada de Santiago, ao pasar a curva do restaurante Soni, antes do cruce de Santa María", sinala este veciño.

O interior dun dos coches. CEDIDA

Así mesmo asegura que estes vehículos levan estacionados no mesmo sitio varios meses. "O da rúa Emilia Pardo Bazán leva polo menos catro meses, pero poden ser máis", apunta.


Esta situación dá mala imaxe xa que nalgúns casos, o deterioro que presentan estes coches son máis que visibles e non pasan desapercibidos.


Falta grave

Cabe mencionar que abandonar un vehículo na vía pública está considerado unha falta grave que conleva unha sanción. Segundo o artigo 106 de la Ley de Seguridad Vial, a autoridade competente de tráfico poderá ordenar a destrución e descontaminación do vehículo, trasladándolo a un Centro Autorizado de Tratamiento (CAT) ante diferentes situacións.

Un dos vehículos denunciados por estar "abandonado" na rúa en Melide.

Tal e como recolle nun artigo o Real Automóvil Club de España (RACE) considérase que un coche está abandonado cando:

  • Foi retirado da vía pública, ou ben inmovilizado, e non se fixo alegacións nin se recuperou o vehículo nos dous meses seguintes.

  • Cando permaneza estacionado máis dun mes con signos claros de deterioro e abandono ou sen placas de matrícula.

  • Cando por avería ou accidente, o vehículo foi trasladado a un depósito e no prazo de dous meses o seu titular non o recuperou.


Multas

Abandonar un coche, moto ou calquera outro vehículo na rúa considérase unha falta grave que conleva multas de entre 751 a 1.500 euros, ás que se poden engadir multas coercitivas ata un máximo de 3.000 euros.

Todos os gastos que se orixinen como consecuencia da inmobilización e retirada do vehículo (custos do traslado no guindastre e estancia no depósito municipal) serán por conta do condutor infractor, ou na súa falta, polo condutor habitual, arrendatario ou o titular, como último responsable.

Ademais, se a Consellería de Medio Ambiente do teu concello ten que tomar cartas no asunto por considerar o vehículo un residuo nocivo para a saúde e o medio ambiente, a multa por abandonar un vehículo podería ascender a 30.000 euros.


A noticia que sacamos sobre o coche abandonado na Avenida de Toques e Friol:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page