top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Veciños piden o arranxo do vial que une o Castro, no Meire, coa vila de Melide

O Concello indicoulles que xa está en proxecto, pero eles demandan con urxencia unha actuación provisional


Ecos da Comarca/Melide

Un dos tramos do vial que une O Castro, no Meire, coa vila de Melide. Autor: Ecos da Comarca.

Veciños do lugar do Castro, na parroquia melidense do Meire, e tamén de sitios limítrofes de Palas de Rei, como de Hérmora, demandan o arranxo urxente da pista que os comunica coa vila de Melide. Sinalan que as condicións que presenta a estrada afectállas no seu día a día e que xa se produciron máis dun dano nos vehículos. Indican que xa falaron en máis dunha ocasión co Concello de Melide, que lles informou que xa está en proxecto, pero solicitan unha actuación provisional, mentres non haxa a definitiva.


Publicidade

Estes veciños puxéronse en contacto con ECOS DA COMARCA e o pasado xoves desprazámonos ata o lugar. Alí os veciños indicáronos que é a pista que usan para ir a Melide, porque senón teñen que dar un gran rodeo, se o fan por Villamor (Toques) ou por Saa (Palas de Rei) e que acoden a miúdo a Melide para ir facer as compras ou ir ao médicos. Ademais, cóntanos que na zona hai dúas empresas, polo tanto os traballadores tamén se ven afectados.

Publicidade

Así mesmo, sinalan que os taxis xa non queren ir facer ningún servizo ao lugar polos danos que lles causa nos coches. Mirade todo o que nos contan:







0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page