Veciños do Rodo en Lalín achegan ao BNG queixas do estado de abandono dunha parcela
- ecosdacomarca
- 18 ago 2024
- 2 Min. de lectura
Esta está situada nunha perpendicular a dita rúa
Ecos da Comarca/Lalín
Veciños do Rodo en Lalín achegan ao BNG queixa do estado de abandono dunha parcela situada nunha perpendicular a dita rúa tal e como indica o Bloque. "No concello lalinense estamos acostumados a que, segundo a época do ano na que vivimos, a matogueira inunde carrís de estradas, converta os arcéns das mesmas en intransitables para os peóns ou chegue a tocar os vehículos que se moven por elas reducindo a visibilidade e a seguridade vial".

"Dende o BNG sempre foron críticos coa maneira de programar os desbroces, que resulta evidente, que non é efectiva e que se move máis polo santoral que por as necesidades reais de veciños e veciñas". Mais, nesta ocasión, non están a falar de que as silvas e o mato coman estradas do rural ou parcelas neste, dende o bloque, esta vez, acusan ao Concello de Lalín "deste desleixo dentro da propia vila, nunha rúa perpendicular á céntrica Rúa do Rodo, ben coñecida polos lalinenses".
Publicidade
Sinala que a pesares de que os veciños se puxeron en contacto co Concello para solicitarlle o desbroce dunha finca situada nesta zona de Lalín, "o seu estado é lamentable, con matogueira que a inunda e que xa chega a invadir parte da beirarrúa". A propiedade de dita parcela osténtaa, polo que os propios veciños afectados lles contaron aos nacionalistas, "un banco que a adquiriu e que, a xulgar polo seu estado, non ten visos de facerse cargo do seu desbroce". “Malia que está nunha zona visible e que os veciños e veciñas do Rodo transitan habitualmente, os encargados de manter a nosa vila coidada e adecentada, a pesares de coñecer o caso, non parecen ter intención de mover un dedo
ou de chamar a contas para quen ten a propiedade o faga, de maneira que os veciños
colindantes teñen que vivir o seu estado con malestar evidente”, aclara o portavoz do
BNG Paco Vilariño despois de visitar a zona e comprobar o estado da parcela ao ser
alertado por veciños desa mesma rúa.
E por iso que os integrantes da formación nacionalista lle solicitan aos membros do
Concello responsables de dita función, que se acheguen de inmediato a constatar o
estado de abandono de dita finca e lle den solución para que a matogueira, que en
anacos xa supera os dous metros de alto, e solventen este problema que afecta a
aqueles que residen na zona, “deixando de desoir aos lalinenses para os que gobernan”,
insiste Francisco Vilariño nas súas declaracións ao respecto.
Comments