O pasado luns un camión de gando saíuse do vial ao esquivar un bache
Ecos da Comarca/Touro
O pasado luns dabamos conta dun suceso ocorrido na parroquia de Prevediños en Touro. Un camión quedou medio envorcado na estrada que enlaza Prevediños e Foxás. Nese momento por ese vial circulaban o camión e un coche."Foi o coche que non apartou do camión. E o camión por esquivar a tajea e o burato do chan que hai alí pasoulle iso, porque o coche non arrimou, obrigando o camión a facelo", puntualiza un veciño alí presente. Ante ese suceso, os lugareños demandan con urxencia un arranxo deste vial para evitar que sucesos como este volvan ocorrer. Envíannos as seguintes fotos.
Publicidade
Así que piden ás autoridades competentes que canto antes lle den unha solución a esta estrada porque é un gran incordio para os que teñen que circular a diario por ela. "Eu teño un bebé de dous anos e imaxínate el dinme: por aí non, que hai moitos baches!", indica o veciño que insiste no seu arranxo. "Agora veñen as festas de Foxás e vai vir a xente ao San Breixo e é unha vergoña".
Publicidade
NOTICIA RELACIONADA:
Noticia do suceso do camión: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-cami%C3%B3n-en-apuros-na-parroquia-de-fox%C3%A1s-en-touro
Comments