top of page

Veciños de Palas de Rei están en contra unha antena de telefonía a menos de 100 metros das súas casas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A veciñanza da parroquia de Vilareda (Palas de Rei) vén de recoller sinaturas en protesta contra a instalación por parte da empresa Movistar dunha ante de telefonía móbil a menos de 100 metros das casas. Máis dunha trintena de veciñas e veciños recolleron sinaturas contra a instalación desta antena pola súa ubicación na zona habitada do núcleo, a veciñanza demanda outra ubicación máis acaída para esta infraestrutura de telecomunicacións.

Varios veciños mantiveron unha reunión co alcalde, Pablo Taboada, para presentarlle máis de 30 sinaturas en contra da antena e pedir que o Concello atenda a demanda veciñal contra a empresa. Nese encontro o rexedor indicoulle á veciñanza que non pode intervir no proceso xa que o acordo é entre unha empresa e o propietario da finca, e conta coa licenza municipal en regra.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tamén tentaron poñerse os veciños en contacto con Movistar, mesmo cuns teléfonos facilitados polo alcalde que “non funcionan”, co que a empresa “non nos atende”, aseguran, e os operarios que están a instalar a antena “din que non poden darnos datos”.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As obras de instalación da antena continúan adiante ante a preocupación dos veciños, que aclaran que “non nos opoñemos a que haxa unha antena de telefonía, pero non a carón das nosas vivendas”.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page