Veciños de Cruces visitan a Costa da Morte, nunha multitudinaria excursión organizada polo Concello
- ecosdacomarca
- 2 may 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces organizou este pasado domingo, 28 de abril, unha excursión á Costa da Morte. Un grupo de preto de 150 veciños e veciñas do municipio viaxaron en tres autobuses para gozar dun día de visitas aos concellos de Muxía, Camariñas e Vimianzo.
Publicidade

Nesta actividade, a veciñanza crucense estivo acompañada polo alcalde, Luis Taboada, e as concelleiras Mireya Otero e Noemi Lois que manifestaron que esta excursión tivo moi boa aceptación por parte dos asistentes. A seguinte viaxe será no mes de xuño.
Comments