Veciños critican a obra realizada hai uns días na estrada EP-6306 ao seu paso por A Senra, en Cruces
- Laura Moure / IsmaelRS

- 23 may 2021
- 1 min de lectura
Laura Moure/IsmaelRS/Vila de Cruces
Veciños critican os estado que presenta a estrada EP-6306 ao seu paso polo lugar da Senra, na parroquia cruceña de Toiriz. Neste vial, tal e como indican e tamén como se pode comprobar polas sinais que aparecen aínda na calzada, levouse a cabo hai uns días unha actuación de mellora do firme, sen embargo, non todos aplauden o resultado.
"A gravilla que botaron xa está en moitas das zonas na cuneta e como se pode ver a estrada quedou como estaba", indica un dos veciños. "Aínda a deixaron peor do que estaba e esta gravilla que quedou solta é perigosa, sobre todo, nunha das curvas que hai neste traxecto", apunta un condutor que viaxa a cotío por este vial. Algúns consideran que esta obra non se pode dar por finalizada e confían en que "lle dean outra volta".
A estrada de Toiriz.
Autor: Ecos da Comarca.


















Comentarios