top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Veciños alertan de escuma nas Torrentes de Mácara

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Hai uns días o río Deza viuse afectado por un novo vertido que se deixaba notar pola presenza de bastante escuma no tramo entre a depuradora de Botos e Ponte Taboada. Este martes uns veciños que estaban visitando as fermosas Torrentes de Mácara, situadas entre os concellos de Palas de Rei e Agolada, alertaron da presenza de escuma tamén neste lugar.

Escuma nas Torrentes de Mácara, este martes.

Autor: U.S.M.


Descoñécese a orixe da escuma. Pero é importante mencionar que esta pode ocorrer naturalmente ou debido á contaminación da agua. A natural pode formarse debido á descomposición de plantas e algas e pode conter bacterias. Ademais, químicos na agua, como surfactantes e deterxentes, tamén poden causar escuma nos lagos e ríos.

O vídeo gravado estes martes nas Torrentes de Mácara.

Autor: M.M.M


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page