top of page

Veciñanza e membros do PSOE de Lalín renden unha homenaxe ao alcalde democrático Manuel Ferreiro

Tamén lle fixeron un recoñecemento a Román Santalla, quen neste ano puxo fin a unha etapa á fronte da loita sindical


Ecos da Comarca/Lalín

Veciñanza e membros do PSOE de Lalín conmemoraron onte unha nova edición da homenaxe ao alcalde democrático Manuel Ferreiro, asasinado no ano 1936. A cita comezou cun pequeno acto no cemiterio da igrexa de Soutolongo, onde se atopan os restos de Ferreiro.


Alí, Luz Acción, presidenta da Asociación Manuel Ferreiro, inaugurou o acto cunhas palabras nas que apleou a tomar medidas urxentes ante a catástrofe dos incendios e tamén lembrou ao pobo de Gaza, pedindo que se tomen medidas  por parte da comunidade internacional para poñer fin ao xenocidio que alí se comete. Acto seguido, Celso Sanmartín e Benxamín Otero interpretaron unhas pezas. 


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A cita continou no Albergue de Mouriscade, onde se rendiu unha homenaxe a Román Santalla, quen neste ano puxo fin a unha etapa á fronte da loita sindical. Daniel Santalla, membro do PSOE e fillo de Román, foi o encargado de facer este recoñecemento. Daniel lembrou a súa traxectoria no mundo sindical e puxo de manifesto a súa capacidade de liderazgo e loita. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalmente, o acto concluíu cun xantar e outras pezas de Sanmartín e Otero. 


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page