top of page

Veciñanza de Melide únese contra o xenocidio e pola paz xusta en Palestina

Actualizado: 6 jul

Convida a acudir á concentración solidaria, familiar e pacífica, de media hora que realizarán o día 12 de xullo no Cantón de San Roque


Ecos da Comarca/Melide

Veciñas e veciños de Melide, reunidos o pasado 1 de xullo, expresaron a súa firmeza "en loitar pola esixencia de que se deteña o xenocidio da poboación palestina e se acade unha Paz xusta, e a firmeza de facela chegar a todos os recunchos da Terra de Melide, unindo para elo a todos os amantes da Paz sen importar ideoloxías nin crenzas".

Ademais, ese día, aprobaron as seguintes cuestións:


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

  • "Unirnos e desenvolver a convocatoria da Xornada Estatal pola Paz e o fin do Xenocidio proposta por PararLaGuerra.es para o vindeiro 12 de xullo ás 11 horas".

  • "Facer un chamamento ao goberno municipal a que dende os medios de comunicación locais se poña en coñecemento as iniciativas que impulsemos".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.
  • "Poñer a andar a iniciativa dunha “cadea humana para facer chegar a Paz, dende Melide ataGaza, dende o río Furelos ata o río Xordán.”

  • "E facemos o chamamento a unirse e unir canta acción pacífica se realice con ese fin, e a acudir á concentración solidaria, familiar e pacífica, de media hora que realizaremos o 12 de xullo, ás 11 no Cantón de San Roque".

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page