Isto levarase a cabo debido a tarefas de mantemento e distribución
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces informa que mañá, día 13, programarase un corte no subministro de auga por tarefas de mantemento e distribución. Este será de 10 a 14 horas e afectará a varias zonas.
"A hora do restablecemento pode variar debido ás tarefas de enchido e purgado da rede", puntualiza Espina y Delfín, a empresa concesionario do servizo.
Publicidade
Así os lugares afectados por este corte serán: Santalla, A Granxola, Loureiro, A Corna, Camporrapado, Sucira, Ponteledesma e Gres.
"Desculpen as molestias", sinala o Concello.
Comments