top of page

Varias persoas resultan afectadas en Melide tras un escape de monóxido de carbono


Ecos da Comarca/Melide

Varias persoas resultaron afectadas esta mañá debido a un escape de monóxido de carbono rexistrado nun establecemento situado na Avenida de la Habana, no concello coruñés de Melide.

Un bombeiro no lugar. Autor: Bombeiros de Arzúa
Un bombeiro no lugar. Autor: Bombeiros de Arzúa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 10:50 horas, a través do aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba de dúas persoas inconscientes no soto do local por un posible escape de gas.


De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia activouse un operativo no que participaron os Bombeiros de Arzúa, axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como efectivos de Protección Civil de Melide.


Minutos despois, o persoal sanitario comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Finalmente, unha das persoas afectadas foi evacuada a bordo da aeronave ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, mentres que a outra foi trasladada en ambulancia.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, varias persoas, entre elas membros dos servizos de emerxencias que participaron no operativo, tiveron que ser atendidas no Punto de Atención Continuada de Melide tras intentar auxiliar ás vítimas no interior do soto. Segundo as primeiras hipóteses, o escape de monóxido de carbono podería ter a súa orixe nun xerador situado no soto do establecemento.

VÍDEO NO ENLACE:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page