top of page

Valentín García salienta a “calidade e a solvencia” de ‘odio’, a obra gañadora do I Premio Xosé Neira Vilas de literatura xuvenil

Apoiado pola Xunta, está dotado con 6.000 € e busca pór en valor a contribución do escritor cruceño Neira Vilas como precursor deste xénero no sistema literario galego


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou onte no acto de presentación do I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil a Gabriel Romero de Ávila, quen resultou gañador coa súa obra Odio. Dotado con 6.000 €, o certame púxose en marcha este ano por vez primeira co apoio da Xunta de Galicia, co obxectivo de pór en valor a importante contribución do escritor cruceño Xosé Neira Vilas como precursor deste xénero no sistema literario galego.

Precisamente, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude enxalzou a “calidade e solvencia” da obra gañadora “á altura do autor ao que homenaxeamos con este certame”. Neste senso, Valentín García erixiu a Xosé Neira Vilas como “pioneiro” da literatura infantil e xuvenil en galego coa obra Memorias dun neno labrego “considerada por méritos propios como o bestseller da literatura escrita en galego”.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ao respecto, lembrou que é a publicación en galego máis editada, con 700.000 exemplares, e tamén máis traducida, xa que pode lerse en idiomas como o alemán, o sueco, romanés, ucraíno, búlgaro, esperanto, checo, maia, ruso e tamén conta cunha edición en braille.


No acto de entrega do premio a Gabriel Romero de Ávila, ademais do secretario xeral da Lingua, tamén estiveron presentes o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo, e o director xeral da Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, xa que son as dúas entidades organizadoras do certame, en colaboración co Goberno galego.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O autor premiado

Romero de Ávila presentouse ao certame co pseudónimo ‘Balboa’ e acadou o premio tras a decisión unánime do xurado, conformado por Juan Andrés Fernández Castro, en calidade de presidente, Rosalía Morlán, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, como vogais, e Marta Neira actuando como secretaria.


O xurado destacou en Odio “a solidez na construción dun thriller futurista de acción trepidante”. Concibida como novela negra distópica, a historia convida a lerse como unha parábola crítica da insolidariedade social.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page