top of page

Valentín García destaca en Agolada a importancia da tradición oral na presentación do libro ‘Avó, cóntame aquel de...’

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A autora da obra é a voceira do PP local, María del Carmen Seijas López


Ecos da Comarca/Agolada

A presentación este venres no colexio de Agolada. Autor: Anxo Oro.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou o venres na presentación do libro Avó, cóntame aquel de... da autora María del Carmen Seijas López, voceira do PP de Agolada, onde puxo en valor a importancia da tradición oral nesta recompilación de contos infantís en galego.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Neste acto, celebrado no colexio de Agolada, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou o “bo momento que vive a produción literaria en galego e que se demostra nos recoñecementos obtidos a nivel nacional” facendo fincapé na “importancia de achegar a todos os públicos obras na nosa lingua”. Deste xeito, agradeceu á autora o seu traballo e destacou o seu carácter solidario, xa que a recadación será doada a Aspadeza, entidade sen ánimo de lucro formada por nais e pais de persoas con discapacidade intelectual da comarca de Deza.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Avó, cóntame aquel de... é o resultado da recuperación de diferentes historias da tradición oral que foron recollidas por María del Carmen Seijas López neste volume, no que, ademais, colaborou Ángel Ayude, veciño de Berredo (Agolada), quen aportou a parte gráfica da obra con varias ilustracións.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page