top of page

Víctor Senra e Moncho López gañan o 29 Rali do Cocido

O segundo posto foi Alberto Meira e Avelino Martínez e o terceiro, para o equipo formado por Daniel Berdomás e Brais Mirón


Ecos da Comarca/Deza

Hoxe sábado, disputouse a 29 edición do Rali do Cocido que tivo lugar por Lalín e Rodeiro e que estivo marcada pola choiva, o que fixo que fose unha competición difícil. Ao igual que o ano pasado, Víctor Senra fíxose coa vitoria. Nesta ocasión, acompañado do copiloto Ramón (Moncho) López. O segundo posto foi Alberto Meira e Avelino Martínez e o terceiro, para o equipo formado por Daniel Berdomás e Brais Mirón.


Deste xeito, Víctor Senra e Moncho López, aos mandos do Hyundai I20N WRC, foron os gañadores e dominadores da 29 edición do Rali do Cocido, primeira proba puntuable para o Campionato  Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi.  Un inicio de certame marcado pola climatoloxía e que puxo a proba a resistencia dos máis de 100 equipos inscritos e os milleiros de afeccionados que se desprazaron ata os treitos dos concellos de Lalín e Rodeiro. 

Senra e López foi o equipo vencedor.
Senra e López foi o equipo vencedor do 29 Rali do Cocido

No medio do frío, a chuvia e a lama, Senra e López non deron a máis mínima opción aos seus  rivais, que só puideron acortar diferenzas co vixente campión galego nos treitos da tardiña. Desta forma, Senra e López completaron os dez treitos marcados pola Escudería Lalín-Deza en 1:02:45.106, algo máis de 44 segundos máis rápidos que o segundo equipo clasificado, formado por Alberto Meira e Avelino Martínez, que no Skoda Fabia R5 sumaron o primeiro triunfo da tempada no Supercampionato R5 Pirelli – Recalvi. 


O terceiro chanzo do podio foi para Daniel Berdomás e Brais Mirón, que se deixaron 58  segundos co vencedor da proba na estrea do Hyunda I20 Rally2 co que competirán no  Campionato de España de Asfalto (2º Supercampionato R5). 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Completaron os cinco primeiros postos da clasificación xeral Jorge Pérez e Manuel Raído, na súa segunda proba aos mandos do Ford Fiesta WRC e Abel Pampillón e José Lage, no  Mitsubishi Lancer Evo R4. 


Os terceiros clasificados dentro do Supercampionato R5 Pirelli Recalvi foron os dezá Javier Ramos e Álex Moure, no Peugeot 208 T16 R5. 


Pampillón e Lage foron ademais os gañadores da Top Ten Pirelli Driver Autia B, seguidos de Antonio Fernández “Ventura” e Álex Vaqueiro e de Marcos Diaz e Víctor López. Manuel Souto e Raquel Rodríguez foron os mellores dentro da Top Ten Pirelli Driver Autia C aos  mandos do Peugeot 208 R2. A continuación, os irmáns Iván e Diego Vázquez e Pablo Sánchez e  Rubén Tourón. 


No Clio Trophy Galicia, primeira vitoria para Iván e Diego Vázquez que aventaxaron en 31 segundos aos actuais campións Álvaro Casto e Ricardo Rey, penalizados pola perda dun minuto  nun control. O terceiro posto foi para os debutantes no formato, Guillermo Martínez e Nacho  Sayáns, a algo máis dun minuto dos vencedores. 


Carlos Conde e Pablo González romperon a súa mala racha de resultados e impuxéronse na Pirelli AMF MS, seguidos de Omar e Iván López de Óscar Gallego e Uxía Rodríguez.  Primeiro posto dentro do Volante FGA para Alexis Vieitez e Antía García, con 12 segundos de vantaxe sobre Alejandro Castro e Héctor Taboada, que lideraron a cita durante grande parte do  sábado. Ánxel Vizoso e Brais López foron so terceiros clasificados, sumando a súa primeira  vitoria da tempada dentro da PXP-26. Adrián Garrido e Álvaro Novoa foron segundos na PXP.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Martín Varela e Laura Díaz sumaron o primeiro pleno de puntos da tempada no  Criterium Galicia Recalvi, aventaxando en 26 segundos a Adrián Regueira e Adrián Muñiz e en 54 a Yeray González e Borja Grandal. 


Varela e Díaz aupáronse ademáis ao primeiro posto da clasificación da Beca 24, seguidos de González e Grandal e de Hugo Rodríguez e Brian Garrido. 


A próxima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi terá lugar os días 21 e 22 de marzo con motivo do Rallye de A Coruña.

Clasificación final provisional do 29 Rali do Cocido:

  •  Victor Senra - Moncho López 1:02:45.106

  • Alberto Meira - Avelino Martínez +44.799

  • Dani Berdomás - Brais Miron +58.507

  • Jorge Pérez - Manuel Raido +6:13.200

  • Abel Pampillon - Jose Lage +6:44.547

  • Antonio F. “Ventura” - Alejandro Vaqueiro +7:09.249

  • Javier Ramos - Alex Moure +7:39.157

  • David González "Couceiro" - Gustavo Piris +7:47.080

  • Manuel Souto - Raquel Rodríguez +8:20.480

  • Alberto Nimo - Mónica Álvarez +9:28.794

NOS VINDEIROS DÍAS PUBLICAREMOS VÍDEO DA COMPETICIÓN.


留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page