Víctor Senra e Alejandro López gañan o XXVI Rali do Cocido
- Laura Moure / IsmaelRS
- 23 abr 2022
- 1 Min. de lectura
Francisco Dorado e José Antonio Pintor logran a segunda posición e o terceiro posto foi para Alberto Otero e Jordan Vázquez
Laura Moure/IsmaelRS/Deza

Este sábado disputouse a XXVI edición do Rali do Cocido que arrancou onte co Skadedown. A proba da escudería Lalín Deza contou con 82 inscritos. Os gañadores foron Víctor Senra e Alejandro López. Mentres, Francisco Dorado e José Antonio Pintor logran a segunda posición e o terceiro posto foi para Alberto Otero e Jordan Vázquez.
Esta carreira é unhas das máis agardadas e ademais foi a proba inaugural da CERA Recalvi 2022. Contou con 11 pasadas nun total de cinco tramos: Silleda, O Couto, Saborida, Carballeda e Vila de Cruces. A pesar das previsións, a choiva deu unha tregua e en total houbo un total de 26 abandonos.
Algúns momentos do rali no seguinte vídeo:
CLASIFICACIÓN:
ABANDONOS:
TODA A INFORMACIÓN:
NOTICIA RELACIONADA:
Comments