top of page

"Uzkalutopía promociona a literatura e a arte dun xeito divertido, creativo e participativo"

"Tratamos de inspirarnos no positivo das relacións humanas, a fantasía, aínda que ás veces sacas un pé a fóra é da medo a ausencia de valores. O mundo é un pouco convulso e caótico"

Xavier Aboy e Cruz González de Uzkalutopía.

ENTREVISTA A UZKALUTOPÍA CREADORES DE SOÑOS


Laura Moure/Agolada

Uzkalutopía. Creadores de soños é un proxecto que acaba de ver a luz en Agolada, aínda que xa leva tempo cocéndose. A unión das paixóns dunha parella fai que rexurda esta iniciativa no que a arte e a literatura son as protagonistas. Hoxe quixemos saber máis dela.

1. Quen sodes?

Somos Uzkalutopía, unha parella que se coñeceu en Agolada fai cousa de dous anos. Xavier Aboy Losada é escritor e coidador non profesional e Cruz (Uz) González Diéguez alterna traballos temporais con períodos de descanso que lle permiten dar renda solta a súa creatividade.


2. En qué consiste o voso proxecto?

Principalmente en promocionar a literatura e a arte dun xeito divertido, creativo e participativo.


3. Cando xorde?

Facer algo xuntos, coido que naceu tan pronto nos coñecemos. Xavier como escritor e fotógrafo e Uz como artista multidisciplinar. Crear un clube de lectura, tomando como referencia o de Lestedo do cal somos membros, facer exposicións nos Pendellos, de cara ó verán, dinamizar esta parroquia (Esperante) na que acabamos de aterrar a consecuencia de ter sufrido un acto vandálico traumático con algún tipo de evento; tamén obradoiros para nenos, coa idea de que deixen un pouco aparcadas as tecnoloxías e voltar a facer manualidades, ensuciarse as mans e compartir tempo xuntos. Xavier fomenta a colaboración desinteresada con outros autores noveles e ten feito algunha pequena colaboración coa fundación Paco Lareo (A Solaina de Piloño). Los Escritos quebrados del Úrkalo está na biblioteca da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Nas súas presentacións inclue un pequeno concerto con cancións escritas e musicalizadas por el mesmo de temática variada. Sexa desde onde sexa, temos moitas ideas e forza, de momento recurrimos as redes sociais como carta de presentación.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

4. Por que este nome?

É coma un xogo de palabras, unha amálgama de Uz, Úrkalo e Utopía. Creadores de Soños é literalmente a utopía en si. Como anécdota comentar que moita xente pensa que é un nome vasco.


5. Vexo que apostades moito pola natureza e tamén pola reciclaxe dándolle novas vidas aos distintos elementos cotiáns.

Os dous somos amantes da natureza, das rutas de sendeirismo montés, e cando nos coñecemos ata descubrimos que os dous coleccionabamos pedras. Vivimos no rural, imos ó río a miúdo coa cadela, temos horta, dalgún xeito son as pedras as que nos atopan a nós. Uz desde cativa sempre tivo a costume de non querer tirar nada ó lixo: botes, botellas, caixas da froita, o seu era darlle unha segunda oportunidade a todo.


6. Que podemos atopar en Uzkalutopía para agasallar?

Un libro de poesía ilustrado con fotografías artísticas en branco e negro, Los escritos

quebrados del Úrkalo, que é un compendio de poemas onde podes atopar desde romanticismo e fantasía ata critica e actualidade social. As fotografías son do propio autor, un periplo por lugares visitados co seu xa falecido e inseparable can, Chamán, ambos durante sete anos foron protagonistas dun blog autobiográfico, onde se publicaban artigos e postais de fermosos recunchos galegos. O blog surxiu a petición de xente discapacitada que non podía visitar fisicamente estes lugares. Dous libros de narrativa, Calas blancas e Libelupa, fantasía histórica misturado con temas de triste actualidade coma a lacra da violencia de xénero, da autora Emily Rodríguez Santos, amiga e compañeira de fatigas nestes mundos literarios. Conservas, zumes naturais, doces cento por cento galegos feitos polos socio/as da Asociación Daquí Darredor, da cal formamos parte, baixo a dirección de Carme Freire (Polo Rego). Pedras de basalto e granito pintadas con acrílico e vernizadas para facelas impermeables, de todos os tamaños, motivos e prezos desde 1 euro para todos os petos. Son únicas, non hai dúas pezas iguais. E tamén hai caixas de madeira, botes, botellas adornadas con decoupage.

7. Que é o que máis vos encargan?

Están tendo moito éxito os xogos do tres en raia, no cal as fichas son pequenas pedriñas con distintos motivos. Van dentro dun saquiño de tea que fai as veces de taboleiro. Os tres libros, tanto o de Xavier coma os de Emily, tamén están sendo moi demandados, o cal

nos alegra enormemente, que haxa certo resurxir da lectura.


8. A xente aposta cada vez máis pola personalización?

Si, temos encargos de xente que quere o seu nome ou o de algúen en especial para facerlle un agasallo.


9. En canto á literatura en que vos inspirades?

Somos unha parella de gustos e vida sinxela e natural. Compartimos os mesmos ideais de

solidariedade, empatía, colaboración desinteresada, relación sa, civismo, respeto pola natureza, xustiza. Tratamos de inspirarnos no positivo das relacións humanas, a fantasía, aínda que ás veces sacas un pé afora é da medo a ausencia de valores, o mundo é un pouco convulso e caótico. Pero deso se trata de poñer modestamente o noso gran de area e contribuir a cambiar conciencias, buscar sinerxias e dinamizar o rural a través da cultura e da arte en calquera das súas formas. Xavier está cocendo o seu segundo libro, Uz está aínda ganduxando un poemario en galego, do que vai, ás veces, publicando algunha cousiña en redes. Xa está todo escrito, pero non todo está leído é o lema de Xavier.


10. Así tamén a incluides directamente nas vosas creacións cos distintos materiais?

En Uzkalutopía conviven as creacións dos dous e de xente da asociación.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page