Usuarios da asociación Aspadeza visitaron o Pazo Provincial
- ecosdacomarca
- 11 jun 2024
- 1 Min. de lectura
O presidente de Deputación sinala que son “un exemplo de traballo pola integración”
Ecos da Comarca/Deza

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns no Pazo provincial a integrantes da asociación Aspadeza, un colectivo sen ánimo de lucro que traballa pola inclusión social e laboral, así como pola mellora da calidade de vida de persoas con discapacidade intelectual.
Publicidade
O mandatario provincial acompañou o grupo formado por unhas 25 persoas nunha visita polas distintas estancias da sede da Deputación ao longo da cal foi explicando as distintas funcións que ten o ente provincial e o seu funcionamento.
Publicidade
Así mesmo, o presidente respondeu todas as cuestións formuladas polos membros deste colectivo e remataron o encontro cun intercambio de agasallos.
Comments