Unto Vello protagoniza a nova cita dos Seráns en Ribadiso, Arzúa, que será mañá, 30 de agosto
- ecosdacomarca

- 29 ago 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
O programa Seráns en Ribadiso, impulsado polo Concello de Arzúa, ofrece este sábado 30 de agosto unha nova proposta de lecer na área recreativa de Ribadiso. Ás 20:00 horas terá lugar o concerto do grupo Unto Vello, aberto a todos os públicos.

Publicidade
A formación, creada en 2024 por Bieito Pereira (Brandeso, Arzúa) e Xabi Gómez (Brens, Cee), achega unha proposta que combina voces, acordeón e percusión co obxectivo de recuperar o espírito das foliadas e manter viva a tradición musical galega.
Publicidade
A programación dos Seráns en Ribadiso enmárcase na aposta do Concello por poñer en valor Ribadiso como contorna natural de referencia e por ofrecer actividades de lecer ao aire libre, pensadas para todas as idades.








Comentarios