Uns 50 artesáns participaron na XXVII Mostra de Artesanía de Agolada
- Laura Moure / IsmaelRS
- 15 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/IsmaelRS/Agolada

Os Pendellos de Agolada acolleron os días 10, 11 e 12 de agosto a XXVII Mostra de Artesanía de Agolada que está organizada polo Concello. Participaron uns 50 postos de artigos e produtos feitos a man, unha cifra que se incrementa con respecto a outras edicións, tal e como informa a concelleira de Cultura, Cruz González.
Publicidade
Ademais de postos, houbo actividades tamén para os cativos, como obradoiros, e a música e o teatro tamén foron os protagonistas destas tres xornadas. ECOS DA COMARCA estivemos alí e falamos con algúns dos artesáns e co Concello. VÍDEO na parte de abaixo.
Publicidade
Comments