Unidade por Rodeiro insta ao goberno local a elaborar un convenio de colaboracións coas asociacións
- ecosdacomarca
- 9 oct 2022
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
Unidade por Rodeiro solicita unha convocatoria de sesión extraordinaria do Pleno nos prazos legalmente establecidos e demanda que se debata dentro da orde do día do mesmo a demanda ao goberno municipal para elaborar un convenio de colaboración coas distintas asociacións.

Así en concreto este partido político pide:
Convenio de colaboración coa Asociación Cogalrodeiro coa cantidade de 4.000 euros para o impulso da actividade deportiva en exterior.
Convenio de colaboración coa Asociación Clube Balonmán Rodeiro coa cantidade de 4.000 euros para o impulso da actividade deportiva en interior.
Convenio de colaboración coa Asociación Escola de Fútbol Sala Rodeiro coa cantidade de 1.000 euros para o impulso da actividade deportiva en interior.
Convenio de colaboración coa Asociación Sociocultural Emecla coa cantidade de 1.000 euros para o impulso de actividades saudables vinculadas ao camiño de Santiago.
Convenio de colaboración coa Asociación Mocidade Kambota coa cantidade de 1.000 euros para impulsar a segunda entrega de leite de Rodeiro a entidades sociais.
Convenio de colaboración coa Asociación O Falar das Pedras coa cantidade de 1.000 euros para o impulso da actividade “Rodeiria de Outono”.
Convenio de colaboración coa ANPA Xulio Lois coa cantidade de 1.500 euros para o impulso de actividades educativas no ámbito das súas competencias.
Convenio de colaboración coa Sociedade Deportiva de Caza e Pesca de Rodeiro coa cantidade de 1.500 euros para o cultivo de centeo e a repoboación de coello e perdiz.
"Consideramos que neste momento as asociacións culturais e deportivas, así como a ANPA, xogan un papel importantísimo no desenrolo social do noso concello. O noso concello sería diferente de non existir persoas que de maneira altruistra organizaran xa, dende os anos 78, actividades culturais e deportivas. A día de hoxe, neste ámbito contamos con boa saúde, no deportivo, a totalidade da programación local parte de colectivos sociais e no cultural e compartida coa programación do propio concello. Sendo tan importante o impacto destas asociacións para Rodeiro, non se entende como o goberno municipal non convocou as axudas culturais e deportivas do ano 2021", lamenta Unidade por Rodeiro.
Ante isto, considera que, "de maneira urxente, o goberno ten que conceder axudas que compense a cantidade non entregada. Non podemos arriscar a que as diferentes directivas non teñan fondo para sufragar os gastos comprometidos e que, en definitiva se perdan de realizar actividades no noso concello. Para Unidade por Rodeiro, a mellor opción sería un convenio de colaboración con cada unha da asociacións que propoñemos no acordo", recalca.
Comentarios