top of page

Unidade por Rodeiro denuncia "o abandono do campo de fútbol ao igual que numerosos bens municipais"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Sinala que tanto o rego como as redes de protección están estropeadas dende fai anos


Ecos da Comarca/Rodeiro

Unidade por Rodeiro denuncia "o abandono do campo de fútbol ao igual que o ten feito con numerosos bens municipais". Sinala que tanto o rego como as redes de protección están estropeadas dende fai anos.

O mesmo, apunta, "acontece co polideportivo que tamén necesita de cuidados. O problema disto todo é que o sufren os colectivos sociais e as asociacións deportivas que non poden desenrolar a sua actividade en condicións óptimas. "As asociacións tamén se queixan de que a estas alturas levan sen fondos públicos dous anos o que provoca serias dificultades para continuar a súa actividade", asegura.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ante isto, este partido insta ao goberno "a preocuparse máis de xestionar o concello e menos de Alberte Lamazares, ao cal lle escriben algo todos os días".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page