top of page

Unidade por Rodeiro demanda un pleno para que o goberno informe sobre os parques eólicos

Insta ao executivo local a pedir dous informes técnicos a aqueles que pretendan instalarse no municipio


Ecos da Comarca/Rodeiro

Unidade por Rodeiro solicita un pleno extraordinario para abordar o tema dos parques eólicos que afectarán ao municipio co obxectivo de que o goberno local informe de todos estes proxectos.

"Despois de poñerse en contacto con Unidade por Rodeiro os/as afectados/as polos parques eólicos de Maxal, Prado Vello, Suime, ampliación Serra do Faro II e Trenzas do Aire, así como tamén con familias afectadas polos anunciados en desestimento, Carballeda, Pescoso, Alborin e Turubelo consideramos que o goberno debe informar de todo canto pode afectar a veciñanza". Ante isto este partido da oposición saca as seguintes conclusións:

  • "Consideramos que o goberno debe informar de todo canto pode afectar a veciñanza".

  • "Debemos trasladar o malestar da veciñanza pola pouca implicación que mostrou o goberno coa finalidade de paralizar os diferentes parques eólicos".

  • "Rexeitamos que a documentación do goberno solicite cambios e non a paralización dos proxectos".

  • "A existencia de moitas parcelas que non van recibir pago ningún e van quedar sen PAC e con outra catalogación urbanística".

  • "A contía económica que deixan as empresas a nivel local é insignificante".

  • "Rodeiro é unha zona agraria, forestal e gandeira, polo que, os recursos económicos que se xeren a maiores non poden ir detrimento destes".

  • "As poligonais que ocupan centos de hectáreas a maiores do que precisarían para os eólicos proxectados teñen como estratexia ter o dominio e a prioridade sobre os usos do territorio. A proximidade e potencia dos muíños que se pretenden instalar teñen gran afección sonora. Tamén cabe destacar o impacto paisaxístico".

  • "O impacto climático ao quedar Rodeiro rodeado de eólicos".

  • "O propio funcionamento das pas eólicas somete a veciñanza a riscos na saúde por "gas radon". As tomas de terra que se van enterrar polo terreo farán de Rodeiro unha zona de alta condutividade eléctrica afectando a vivendas e granxas".

  • "Tamén sería interesante que o goberno informase sobre, canta superficie temos dentro da ADE?, canta superficie ocupan as poligonais proxectadas?, canta superficie vai pasar a ser catalogada de protección de infraestruturas e que quedaran sen PAC?".


Ante estas conclusións, "consideramos que debemos retomar a esixencia ao goberno municipal de contratar informes técnicos por cada parque eólico que se pretende instalar en Rodeiro, independentemente de que algunha empresa anunciara a súa paralización, xa que esta pode ser provisional. Este servizo, para que tivera posibilidades de prosperar, debe ser executado por enxeñeiros forestais e agrícolas".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por todos estes motivos, solicitan a convocatoria da sesión extraordinaria do Pleno nos prazos legalmente establecidos para abordar este tema e instan ao goberno a que, para cada parque eólico que se queira instalar en Camba, a elaborar os seguintes informes técnicos:

  1. De prevalencia do uso forestal sobre o eólico e incompatibilidade do uso forestal co eólico.

  2. De prevalencia do uso agrícola sobre o eólico e incompatibilidade do uso agrícola có eólico.

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page