top of page

Unidade por Rodeiro asegura que o Concello "vai estar ata o día 31 de xaneiro sen funcionarios"

"Cos prexuízos que iso conleva para a cidadanía", recalca


Ecos da Comarca/Rodeiro

Unidade por Rodeiro asegura que o Concello de Rodeiro "vai estar ata o día 31 de xaneiro sen funcionarios, cos prexuízos que iso conleva para a cidadanía. A falta de xestión municipal en Rodeiro chega a niveis insospeitados", recalca.

ree

Indica que "deixa de funcionar o rexistro, non se certifica, non se compulsa e a maiores, levamos máis de 10 días sen certificar por falta do secretario accidental. É tal a falta de xestión e previsión do equipo de goberno que ten tres funcionarios e todos están de vacacións ao mesmo tempo". E engade que "todos os permisos están condicionados a necesidade do servizo. O goberno municipal tiña que denegalas a un dos traballadores para ofrecer un servizo municipal obrigatorio", reprocha.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ante isto, este grupo da oposición insta ao goberno a "correxir esta anomalía para hoxe mesmo xa que poden ser moitas as persoas que poidan sufrir graves consecuencias en diferentes trámites administrativos".

1 comentario


xocas gonzalez
xocas gonzalez
27 ene 2023

Que intereses levan o concello a pechala administración? Da que pensar.

Me gusta
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page