top of page

Unidade por Rodeiro asegura "que chove dentro do pavillón"

Insta ao goberno local a solicitar un informe técnico "de mellora de impermeabilización para elaborar un proxecto e presentarllo á Xunta de Galicia para a súa cofinanciación"


Ecos da Comarca/Rodeiro

Unidade por Rodeiro cuestiona unha vez máis o mantemento das instalacións públicas deste municipio. "De todos e todas e sabido que o mantemento das instalacións locais é nefasto por moito que o goberno busque culpábeis en todas partes", subliña. O seu voceiro, Alberte Lamazares, recalca que xa avisou ao goberno local que na reforma do pavillón era necesario mellorar a cuberta con panel sandwich. "De pouco valía gastar centos de miles de euros na reforma con grandes e fermosas cristaleiras si no fondo segue a chover dentro", sinala.

ree

O goberno, apunta, "como era de esperar, xamais lle fai caso a oposición xa que se consideran como grandes xestores. Pois o tempo deu a razón unha vez máis a Alberte Lamazares e ao seu equipo político, por desgraza".


Pero engade que o "máis triste" é que, "numerosas persoas e colectivos xa fai meses que lle trasladaron ao goberno que no polideportivo, cada vez que chove entra auga e o goberno non fixo nada. Isto causa graves prexuízos aos colectivos deportivos, porque en ocasións o polideportivo non pode ser empregado na súa totalidade e a maiores, ten que ser secado e limpado polos adestradores".

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por estes motivos, Unidade por Rodeiro insta ao goberno a solicitar un informe técnico "de mellora de impermeabilización coa finalidade de elaborar un proxecto de mellora para presentar á Xunta de Galicia para a súa cofinanciación".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page