top of page

Unidade por Rodeiro alerta "do mal estado que presenta a auga da traída pública"

"O goberno municipal non é capaz nin de ofrecer un servizo de auga digno apesares de cobrar por el", lamenta


Ecos da Comarca/Rodeiro

"O goberno municipal de Rodeiro non é capaz nin de ofrecer un servizo de auga digno apesares de cobrar por el", lamenta Unidade por Rodeiro. Este partido da oposición sinala que "ao longo do ano son numerosas as ocasións onde a veciñanza se queixa do mal estado no que vén a auga da traída pública. Incluso algúns veciños se teñen queixado de que as analíticas non cumpren a normativa vixente".

E asegura que esta situación se repite estes días. "Unha vez máis, volve ter unha cor inaceptable penalizando, gravemente, a hostelería. Que imaxe se pode dar de Rodeiro cando vas lavar as mans a un establecemento público e a auga sae amarela...?". Ante isto, considera que parece isto unha mentira. "Cos bos mananciais que temos nas nosas montañas, dende o goberno non se melloren as captacións para ofrecer auga potable aos veciños de Rodeiro. Xa non digamos ao resto de lugares, que, independentemente de que a lei esixe ao goberno a ofrecer auga potable en todos os domicilios, en Rodeiro, temos que buscarnos a vida".

Unidade por Rodeiro esixe "que os cartos que temos de remanente valan para mellorar traídas de auga e saneamento en lugares, sumando a estas inversións, fondos autonómicos. O goberno está despilfarrado os aforros en actuacións curtopracistas pensando unica e exclusivamente na vindeirs elecións municipais".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page