Unhas 77 parroquias das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa honran hoxe a Santa María
- Laura Moure
- 15 ago 2024
- 2 Min. de lectura
Durante esta xornada festiva celébranse comidas familiares e distintas formacións musicais amenizan a cita
Laura Moure/Xeral
Hoxe, como cada 15 de agosto, celébrase a festividade de Santa María. En moitos lugares de Galicia, ela é a patrona de distintas parroquias. E en concreto, nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa dase o caso en 77 delas. Cabe mencionar que falamos só de parroquias, sacando que haberá outras aldeas e lugares nas que tamén se honre a esta Santa. Así durante esta xornada festiva celébranse comidas familiares e distintas formacións musicais amenizan a cita. Practicamente hai festa en todos os recunchos!!

Se damos unha volta por cada unha das comarcas, estas son as parroquias que teñen a Santa María de patroa. (A ver se non nos esquecemos de ningunha!).
COMARCA DE ARZÚA:
ARZÚA: A Castañeda, Dodro, Maroxo, Rendal, Santa María de Arzúa, Tronceda e Viladavil.
BOIMORTO: Os Ánxeles, Buazo e Sendelle.
O PINO: Budiño, Castrofeito e Gonzar.
TOURO: Bendaña, Circes, Loxo e Turces.
Publicidade
COMARCA DE DEZA:
AGOLADA: Basadre, Berredo, Val de Sangorza e Vilariño.
DOZÓN: Bidueiros, Dozón e Sanguiñedo.
LALÍN: Albarellos, Alemparte, Bermés, Donramiro, Filgueira, Noceda, Parada e Soutolongo.
RODEIRO: Álceme, Guillar, Río e Vilela.
SILLEDA: Abades, Carboeiro, Cortegada, Graba e Xestoso.
VILA DE CRUCES: Arnego, Asorei, Merza, Oirós, Ollares, Piloño e Sabrexo.
COMARCA TERRA DE MELIDE
MELIDE: Os Ánxeles, Campos, Grobas, O Leboreiro e Santa María de Melide.
SANTISO: Barazón, Novela, Santiso e Vimianzo.
SOBRADO DOS MONXES: A Ciadella.
TOQUES: A Capela e Ordes.
Publicidade
COMARCA DA ULLOA
ANTAS DE ULLA: Alvidrón, Arcos, Casa de Naia e Olveda.
MONTERROSO: Arada, O Bispo, Leborei, Marzán, Pedraza, Salgueiros e Tarrío.
PALAS DE REI: Carteire, Cuiña, Marzá, Pidre, A Puxeda e San Breixo.
Perdoade se se nos escapou algunha! E ti onde estás desfrutando desta festividade?! Comentade que vos lemos!
Comments