Laura Moure/O Pino

Unha vintena de veciñas e veciños desafiaron o frío e os chaparróns intermitentes estesábado para participar na 𝐀𝐧𝐝𝐚𝐢𝐧𝐚 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐢𝐠𝐮𝐚𝐥𝐝𝐚𝐝𝐞 organizada polo Concello do Pino no marco dos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día da Muller.
Publicidade
Seguindo o Camiño Francés e canda un bo número de peregrinos, os camiñantes 𝐩𝐞𝐫𝐜𝐨𝐫𝐫𝐞𝐫𝐨𝐧 𝐨𝐬 𝟏𝟏,𝟒𝟎𝟎 quilómetros 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞𝐩𝐚𝐫𝐚𝐧 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞 𝐅𝐞𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐜𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐨𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐒𝐞𝐨𝐚𝐧𝐞, de onde partiron en autobús pasadas ás 10:30 horas.
Publicidade
A mañá rematou co aplauso que seguiu á 𝐥𝐞𝐜𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐦𝐚𝐧𝐢𝐟𝐞𝐬𝐭𝐨 𝐢𝐧𝐬𝐭𝐢𝐭𝐮𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝟖𝐌, que correu a cargo do alcalde. Manuel Taboada avogou unha vez máis porque a igualdade chegue a todos os ámbitos da sociedade e ratificou o compromiso do Pino na loita contra as discriminacións por razón de xénero.
Un 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐫𝐭𝐨 𝐝𝐚 𝐁𝐚𝐧𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐌𝐮́𝐬𝐢𝐜𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐫𝐜𝐚 puxo fin pola tarde aos actos programados polo 8M.
Comments