Unha vintena de familias de Palas con escasos recursos beneficiarase da campaña de doazón de comida
- Laura Moure
- 24 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei, a través do departamento de Servicios Sociais municipais está a facer o reparto de alimentos ás persoas máis necesitadas dentro da campaña de recollida de alimentos, denominada Operación Quilo.

Esta campaña, vai dirixida a persoas en risco de exclusión social; familias desfavorecidas, con escasos recursos económicos; familias con entre tres e cinco fillos ó cargo e cuns ingresos económicos que non sobrepasan os 500 euros mensuais na unidade familar.
O reparto, no que se xuntou unha importante cantidade de alimentos non perecedeiros, está a ser efectuado mediante persoal de Protección Civil de Palas de Rei, dende onte e antes do día de Nadal, no respectivo domicilio familiar. Esta campaña, segundo estimacións de Servicios Sociais municipais, dá cobertura a unha vintena de familias, con escasos recursos, que se verán beneficiadas cun lote destes alimentos e produtos non perecedeiros de diversa índole (leite, conservas, pasta, aceite, legumes, galletas, turrón,...).
"Isto foi posible grazas á colaboración desinteresada de centos de veciños/as de Palas de Rei que doaron voluntariamente os alimentos para a causa. Tamén, colaboraron os supermercados: Día, Eroski, Corviran, Merca Rural e a igrexa de Palas de Rei na recollida de alimentos, dentro da campaña solidaria Operación Quilo. ¡A todos Gracias!", sinala o Concello.
Comments