Unha vintena de dezás socialistas visita o Parlamento Europeo
- ecosdacomarca

- 26 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
Na xornada deste venres , un grupo de 20 lalinenses socialistas estuvo en Bruxelas (Bélxica) para coñecer o Parlamento Europeo. A vista foi organizada polo eurodiputado Nicolás G. Casares, quen foi o encargado de facer un percorrido polas instalacións e mostrar o funcionamento do mesmo.

Así mesmo, estuvo a candidata á Alcaldía de Lalín, Alba Forno, que aproveitou para facer unhas reunións sobre os Fondos Europeos. A xornada coincidiu coa actuación de Celsiño e Benxamín, que formaron parte do Festival EmigraSon, e amenizaron a tarde no Instituto Cervantes.
Esta visita súmase ás numerosas que organizou o eurodiputado lalinense e que permitiron a veciños coñecer de primeira man o funcionamento desta institución.







Comentarios