top of page

"Unha vez máis, Rodeiro demostra que depende para todo da Deputación", sinala o PSOE

"O anuncio, a bombo e platillo, de que o Concello vai pedir unha axuda de 228.700 euros para dixitalizar o ciclo da auga trátase dun programa liderado pola Deputación", recalca


Ecos da Comarca/Rodeiro

"O anuncio, a bombo e platillo de que o Concello de Rodeiro, vai solicitar unha axuda de 228.700 euros para dixitalizar o ciclo da auga é unha nova demostración da desesperación deste equipo de goberno, sen rumbo e con alcalde á fuxida, por tratar de finxir que fan algo", sinala o PSOE. "A realidade é que trátase dun programa liderado pola Deputación de Pontevedra, que puxo a disposición de tódolos concellos da provincia estas axudas no marco do seu programa DepoInnova co que trata de captar máis fondos europeos"

A primeira liña do programa da Deputación DepoInnova, recalcan os socialistas, baséase precisamente na dixitalización do ciclo da auga. "O Concello de Rodeiro non fixo máis que responder a unha proposta que vén da Deputación que preside unha muller socialista, Carmela Silva. Tamén queda claro con esta aceptación da proposta que nos fixo a Deputación que os fondos europeos do Plan de Recuperación (os famosos Next Generation) chegan e seguen chegando, pois ninguén podía imaxinar hai ben pouco que teriamos opcións de contar con este volume de recursos para modernizar a nosa rede de augas. E iso é gracias a unha Deputación socialista e un Goberno de España socialista, por moito que algúns traten de ocultalo", recalca.


"A Deputación, que "viste" tódolos investimentos dos Orzamentos municipais abre así as portas a esta nova axuda para que Rodeiro avance, en contraste cunha Xunta de Galicia "que no está ni se la espera", pois lonxe de achegarnos fondos para modernizar a rede de auga o único que fai é amenazarnos con multas en caso de perdas na rede de abastecemento a través da famosa Lei do Ciclo da Auga".

Todo isto, puntualiza,"non vén máis que a volver poñer en evidencia que Rodeiro necesita un cambio urxente no Goberno, dado que o PP, obsesionado por conservar Lalín e A Estrada, concentrou alí todos os seus recursos caciquís e abandonou Rodeiro á súa sorte", acusa o PSOE.

0 comentarios

Bình luận


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page