Unha veciña de Melide sofre un accidente na parroquia lalinense de Muimenta
- ecosdacomarca

- 20 may
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Este mércores rexistrouse un accidente de tráfico na N-640 á altura do quilómetro 156 na parroquia lalinense de Muimenta. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida.

Tal e como informa Emerxencias Lalín, tratouse dunha saída de vía dun coche que acabou totalmente envorcado. Sucedeu ás 16:45 horas.
PUBLICIDADE
Infoman que a ferida é unha veciña de Melide que en principio resultou ferida leve e queixábase de dor na espalda. Foi trasladada por unha ambulancia do 061 ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Lalín
PUBLICIDADE
Ademais de Emerxencias Lalín e da ambulancia tamén se desprazou ao lugar a Garda Civil.








Comentarios