top of page
Foto del escritorLaura Moure

Unha vaca de Toques e outra de Lalín compiten por ser a máis guapa do Luar

Pucha, propiedade de Jorge Buján, foi Miss A Coruña, e Varela, de Ramón Cuiña, Miss Pontevedra


Laura Moure/Toques/Lalín

Este venres o coñecido programa Luar da Televisión de Galicia, dirixido por Xosé Ramón Gayoso, acolleu o Miss Vaca 2021. Este concurso sempre ten moi boa collida e alcanzou gran repercusión nas redes sociais a través das cales tamén se puido votar á favorita. E desta volta, dúas das catro protagonistas da noite son das comarcas de Terra de Melide e de Deza.


Miss Coruña chegou á TVG dende o municipio de Toques. O seu nome é Pucha e o seu propietario, Jorge Buján. Pucha ten catro anos e xa foi mamá dúas veces. "É moi boa e mansa", como indica o seu dono e a súa vida é toda unha envexa, xa que polo día desfruta ao aire libre pastando e pola noite, vai durmir á corte. "A verdade que a experiencia moi ben", sinala Jorge Buján quen confesa que xa ten ganas de repetir para o ano.

Pucha, a vaca de Toques, que foi a Miss Coruña 2021 de Luar.


Pucha tivo que competir e dar o mellor de si fronte as outras tres rivais: Teixa, Miss Lugo, que é do Corgo; Nogueira, de Piñor, que foi Miss Ourense, e con Varela, que é de Lalín e loitou pola provincia de Pontevedra.


Ramón Cuíña é o dono de Varela, Miss Pontevedra. Ela tamén é moi mansa e xa pariu en catro ocasións. Tamén vive en total liberdade e só entra na corte para dar de mamar aos seus críos.

A vaca Varela de Lalín, Miss Pontevedra.

Fonte: Luar


Varela estivo cerquiña de gañar, pero foi Teixa quen triunfou co 34% dos votos fronte ao 27% que consegiu a lalinense. Mentres Pucha quedou en terceiro posto ao conseguir o 25% dos apoios e Nogueira, o 14%. Neste concurso de Luar, Lugo xa leva 11 vitorias no Miss Vaca e Ourense e A Coruña unha respectivamente, mentres que Pontevedra aínda non conseguiu gañar ningunha. Haberá que agardar á vindeira edición!

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page