Unha vaca de Dozón é a Miss Lindos Ollos
- Laura Moure
- 9 jul 2023
- 2 Min. de lectura
Rubia logrou esta distinción no concurso Miss Vaca de Luar
Laura Moure/Dozón
O venres pasado celebrouse no Luar da Televisión de Galicia o concurso máis agardado do ano: o Miss Vaca. E de feito, na edición pasada a gañadora foi unha vaca de Rodeiro, propiedade de Bruno López. Pois este ano, tamén houbo representación das comarcas, en concreto de Dozón, e ademais cabe mencionar que as dúas teñen o mesmo nome: Rubia.
Publicidade
Así o exemplar de Dozón representou á provincia de Pontevedra. "A Miss Pontevedra chámase Rubia. Ten 11 anos e vén de Dozón. Está preñada de catro meses, sabe “andar á corda” e ten auténtico espírito de lideresa. Leva unha choca e sempre vai diante das outras, coa cabeza levantada guiando incluso ás máis vellas. Vive estabulada con cinco vacas máis". Así, desta maneira presentou Luar á candidata deste concello de Deza.

Rubia competiu con Marela, Miss Ourense, que veu dende Castro Caldelas; con Duquesa do Corgo, Miss Lugo e dende Teo representando á Miss Coruña chegou Blanca que foi a que se alzou coa vitoria. O xurado estivo formado polo antropólogo Manuel Mandianes, a gandeira de Palas de Rei Ana de Cernada e o veterinario Suso García. En segundo lugar quedou Miss Lugo, en terceiro, Miss Ourense e en cuarto, Miss Pontevedra.
Publicidade
Así mesmo, Blanca tamén se fixo co galardón de Miss Poderosa, pero tamén as outras recibiron algunha que outra distinción: Miss Donaire foi para Duquesa, Miss Aloumiños para Marela e Miss Lindos Ollos para Rubia, de Dozón.
Lugo, a de máis vitorias
Neste concurso de Xosé Ramón Gayoso, a provincia de Lugo é a que colecciona máis vitorias, en concreto 11. Mentres Ourense e Pontevedra lograron unha respectivamente e A Coruña suma dúas gracias á vitoria deste 2023.
Comments