top of page

Unha vaca de Arzúa bateu récord no prezo onte na Central Agropecuaria de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda rexistrou onte o maior prezo pagado por unha vaca neste mercado. Se ben o récord da categoría de Vacún Maior, e da Central, se sitúa nos 10.498€ acadados o 8 de outubro de 2024 por un boi de raza mestiza, en canto ás femias desta categoría o maior prezo estaba ata onte nos 7.798€ (pagados en outubro do ano pasado).

A vaca que marcou onte o récord.
A vaca que marcou onte o récord.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Sen embargo, dende este martes o maior prezo pagado por unha vaca pasa a ser de 8.227€, pagados por unha vaca mestiza nacida en setembro do 2020 e pertencente a unha explotación de Arzúa (A Coruña), a cal foi adquirida polo operador Alberto Rielo, Lalín (Pontevedra) para Cárnicas Nay, de Monforte de Lemos (Lugo).

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Por outra banda, por terceira semana consecutiva a Central rexistrou o maior prezo medio deste mercado na categoría de Vacún Maior, con 2.628,31€ (a semana pasada esta marca situárase nos 2.567,79€ e a anterior en 2.537,53€).

COTIZACIÓNS MARTES 14 ABRIL 2026:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page