Laura Moure/Xeral
Este mércores, día 21, asistimos, convidados pola Consellería de Medio Rural, ao un seminario sobre a comunicación dos incendios forestais. Participamos unha trintena de xornalistas dos distintos medios galegos. Durante toda a mañá houbo distintas ponencias a cargo de distintos profesionais deste ámbito no Pazo de Quián, en Sergude, Boqueixón. Pola tarde desprazámonos a Boiro para comprobar in situ os danos dun incendio forestal producido o pasado agosto.
Ao longo da mañá impartironse varios módulos por parte de Ferrán Dalmau e Pau Montalvà, enxeñeiros forestais e director e subdirector respectivamente da empresa consultora de enxeñería ambiental Medi XXI GSA. Abordaron os conceptos básicos e a evolución das emerxencias por incendio forestal; a terminoloxía asociada á emerxencia por estes lumes; a xestión da información e comunicación nas emerxencias ocasionadas polos incendios forestais; tipos de emerxencias relacionadas cos lumes forestais; mitos e realidades sobre estas emerxencias e a prevención de riscos laborais neste eido.
Posteriormente, intervirón Xabier Bruña, doutor enxeñeiro de Montes e educador social con 25 anos de traballo no medio rural, e que na actualidade é técnico no distrito forestal IX Lugo-Sarria; Francisco Losada, enxeñeiro técnico forestal que leva 30 anos traballando en incendios forestais en distintos postos e actualmente é xefe de área no Servizo de prevención da Coruña e Cristina Fernández, doutora en Bioloxía e investigadora do Centro de Investigación Forestal de Lourizán desde 1995.
Ata o curso tamén se acercou o conselleiro de Medio Rural, José González. Falou de varias cuestións relacionadas cos incendios forestais e adiantounos que teñen en mente que haxa portavoces nos grandes incendios forestais, sendo persoas expertas para que poidan explicar todo o relacionado co lume aos medios de comunicación e así trasladarlle mellor a información á cidadanía.
Finalmente pola tarde, tivo lugar unha visita de campo. Da man da investigadora Cristina Fernández, desprazámonos en autobús a unha zona afectada por incendio forestal en Boiro. Este lume arrasou máis de 2.200 hectáreas o pasado agosto. Alí in situ podemos comprobar tamén con Francisco Losada e Pau Montalvà como se atopa o terreo, case un ano despois tras o dano ocasionado.
Comentários