top of page

Unha Superavoa queixeira, obra de Yoseba MP, luciará na paisaxe urbana de Arzúa

Para a creación deste mural, o artista inspirouse en María Rodríguez Pazos, unha veciña da parroquia de San Martiño (Arzúa) que leva toda a vida facendo queixos


Laura Moure/Arzúa

O recoñecido artista Yoseba MP iniciou onte, 25 de febreiro, a creación dun mural en Arzúa, dentro das actividades conmemorativas do 50 aniversario da Festa do Queixo. A obra, que pasará a formar parte da paisaxe urbana da vila, renderá homenaxe ás mulleres queixeiras, cuxo traballo e dedicación foron clave para que o Queixo de Arzúa sexa

coñecido máis alá das fronteiras galegas.


Para a creación deste mural, Yoseba MP inspirouse en María Rodríguez Pazos, unha veciña da parroquia de San Martiño (Arzúa), que leva toda a vida facendo queixos, representando o labor de tantas mulleres que, con esforzo e saber tradicional, fixeron deste

produto un referente gastronómico.

foto
Dani Moscoso, Yoseba MP, Xesús Carril e Lucía López no lugar onde se fará o mural.

O mural está inspirado na serie artística "Fenómenos do Rural", coa que Yoseba MP destaca o papel fundamental das mulleres no medio rural galego, representándoas con superpoderes para simbolizar a súa forza e resiliencia. Neste caso, a intervención pictórica

busca recoñecer o esforzo das queixeiras, que ao longo dos anos contribuíron a facer do queixo de Arzúa un referente gastronómico.


Nesta edición tan especial, as mulleres queixeiras terán un papel central na programación da festa, xunto coa homenaxe ás persoas pioneiras que fixeron posible que a Festa do Queixo chegue aos seus 50 anos de historia. Desde a organización da Festa do Queixo,

destacan que esta iniciativa enriquece o programa desta edición especial, combinando tradición, arte e cultura. A escolla de Yoseba MP responde á súa traxectoria na arte urbana

e ao seu compromiso coa representación da identidade galega a través da súa obra.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, comenta que "este mural é unha homenaxe necesaria á forza e dedicación das mulleres queixeiras, cuxo traballo ao longo de xeracións fixo do Queixo de Arzúa un produto recoñecido dentro e fóra de Galiza. María Rodríguez Pazos representan a tantas mulleres que, con paciencia e saber tradicional, manteñen viva unha arte que require paixón e coidado. Con esta iniciativa, recoñecemos e poñemos en valor ese labor fundamental, que forma parte do noso patrimonio cultural e gastronómico."


O mural poderá contemplarse nos vindeiros días a medida que avance o proceso de creación. A súa finalización deixará en Arzúa unha testemuña visual do legado e importancia das mulleres queixeiras, converténdose nun novo punto de interese para veciñanza e visitantes.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page