Unha saída de vía nunha curva antes da parroquia lalinense de Cadrón sáldase sen feridos
- ecosdacomarca
- 13 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

Este luns rexistrouse un accidente no municipio de Lalín que se saldou sen feridos.
O 112 Galicia foi alertado sobre as 15:30 horas. O suceso ocorreu na N-640 nunha curva vindo de Ponte Vilariño (Agolada) xusto antes da parroquia lalinense de Cadrón.
Tratouse dunha saída de vía e o vehículo afectado quedou entalado na cuneta polo que non obstaculizaba a circulación. Ata o lugar, desprazouse a Garda Civil de Tráfico.
Comments