Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Fai escasos minutos acábase de producir unha saída de vía, na estrada que enlaza o Porto do Carrio e Fontao. Tivo lugar ás 11:06 horas desta mañá.
A voz de alarma dérona os servizos sanitarios, os cales informaban o 112 Emerxencias do que acaba de ocorrer. Na mesma chamada alertaban dunha persoa ferida, pero non atrapada, o que si recalcaban é que era necesaria asistencia sanitaria debido ao estado da mesma, segundo comenta o 112.
Con estes datos o 112 Emerxencias, pon estes feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Deza e de Protección Civil de Vila de Cruces.
De momento son todos os datos cos que contamos.
Comments