Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Temos que contabilizar hoxe un segundo suceso, neste caso trátase dunha saída de vía na PO-960 ás 12:55 horas na parroquia de Carbia pertencente ao municipio de Vila de Cruces.
A voz de alarma deuna o 112 Galicia, o cal poñía os feitos en coñecemento do Equipo de Protección Civil do municipio, tal como comentan fonte oficiais.
"Nada máis chegar ao lugar do accidente, atopamos un coche envorcado e encaixado contra un poste da luz", segundo informa Protección Civil.
A condutora do vehículo é veciña da parroquia limítrofe de Piloño, a mesma resultou ilesa e puido saír do vehículo polo seu propio pé.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Deza e Tabeirós e do Equipo Municipal de Protección Civil.
Comentarios