Unha saída de vía no concello de Agolada sáldase con catro vehículos implicados
- IsmaelRS
- 14 jul 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Agolada

Temos que contabilizar un segundo accidente na mañá deste xoves, neste caso na N-640 ao seu paso polo lugar de Trascastro na parroquia agoladense de Trabancas, produciuse sobre as 11.20 horas, no mesmos víronse implicados catro vehículos, xa que o vehículo que saíu da vía chocou contra outros tres que estaban estacionados á beira da mesma.
A voz de alarma deuna unha das persoas implicadas no sinistro e nun primeiro momento solicitaba asistencia sanitaria para o condutor do vehículo que provocara o accidente, pero non foi necesaria a súa intervención e só foi necesario contabilizar danos materiais, segundo comenta o 112 Galicia a este medio.
Con estes datos, o 112 Galicia informou dos feitos aos Servizos Sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, ao Equipo Municipal de Protección Civil e ao Servizo de Mantemento de Estradas.
Ata o lugar do accidente tamén se desprazou D. Luis Calvo, alcalde de Agolada.
Comments